InicioA UlloaPalas de ReiOs empresarios de Lugo celebran a chegada de Altri a Palas: "é...

Os empresarios de Lugo celebran a chegada de Altri a Palas: “é algo histórico”

Calcúlase que achegará 1.500 novos empregos á zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A patronal de Lugo valora que a localización da fábrica de fibra téxtil, da multinacional portuguesa Altri, se asente finalmente no municipio lucense de Palas de Rei porque a súa chegada “vai ser un cambio transcendental pola achega” de empregos. O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, valorou que “para a provincia de Lugo vai ser un cambio transcendental pola achega de postos de traballo que vai xerar esta industria que ademais fará crecer o PIB da provincia”.

López sinalou que a chegada de Altri “vai supor para Lugo un cambio na balanza comercial, sendo unha balanza exportadora e non como agora que é importadora”. “É algo histórico porque tamén se crearán moitos postos de traballo e de alta calidade”, celebrou. O secretario xeral da patronal lucense destacou que a localización en Pas, na comarca da Ulloa, representa o “centro da provincia” e igualmente beneficiará á provincia da Coruña, “sobre todo a Melide e toda esa contorna”.

“Ademais, imos pasar dunha balanza de pemes pequenas a ter unha gran empresa sobre a que pivotarán moitas empresas auxiliares”, resaltou o empresario lucense. En canto a traballadores, calcúlase que se crearán sobre 1.500 empregos directos e mil indirectos, o que levou a Jaime López a incidir en que será unha das factorías “máis xeradoras de man de obra en Galicia”. “É unha gran noticia para a nosa provincia”, proclamou o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...