InicioEconomíaCafés Candelas levantará unha nova planta no polígono das Gándaras

Cafés Candelas levantará unha nova planta no polígono das Gándaras

O proxecto foi declarado pola Xunta como iniciativa empresarial prioritaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova planta de Cafés Candelas en Lugo foi declarada pola Xunta como iniciativa empresarial prioritaria, figura que simplifica os trámites administrativos a proxectos declarados de interese pola Administración autonómica.

A declaración recibiu luz verde no Consello da Xunta deste xoves, celebrado en Pontevedra. Esta figura, contemplada na Lei de simplificación adminsitrativa de Galicia, reduce á metade os prazos de tramitación dos proxectos.

A compañía cafeteira prevé investir 14 millóns de euros na posta en marcha dunha nova planta que se levantará no polígono das Gándaras, en Lugo. O proxecto desenvolverase nunha parcela de 18.000 metros cadrados na que se construirá unha nave de 9.900 metros cadrados que permitirá triplicar a capacidade produtiva da empresa.

Por outra banda, na súa reunión semanal, o Executivo galego autorizou a transferencia ao Concello da Coruña da estrada AC-415 –avenida de Fisterra desde a rolda de Outeiro a Meicende– e dun tramo de 160 metros da AC-211.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...