InicioLugo e contornaOuteiro de ReiA láctea Tegestacín, "completamente paralizada" e sen pagar salarios

A láctea Tegestacín, “completamente paralizada” e sen pagar salarios

Así o denuncia a CIG a respecto da factoría de Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa láctea Tegestacín, que ocupa as antigas instalacións de Leite Pascual no concello lugués de Outeiro de Rei, ten paralizada a súa actividade desde o pasado venres 4 de marzo. Así o denunciou o responsable da Federación de Alimentación da Confederación Intersindical Galega (CIG), Cristián López, quen incidiu este martes que a “a paralización da actividade xa é completa”.

Os traballadores inciden en que a interrupción “total” da actividade “vén acompañado da falta de pagamento de salarios”, algo que, segundo remarca López, “é xa marca da casa”. López quéixase que o de Tegestacín “é a historia do quero pero non podo” polos “incumprimentos graves contra os dereitos dos traballadores e contra todas as garantías salariais”.

“Aqueles despedimentos que se anunciaba para o 12 de febreiro acabáronse concretando oito días máis tarde do previsto e á marxe dos pasos que se tiñan que materializar”, remarcou. Tegestacín chegou a contar con máis de 70 traballadores, que máis tarde pasaron a 40 e despois a 18 máis. Agora, desde a CIG, estiman que tan só quedan “tres” operarios que, auguran, tamén terán que abandonar as instalacións da empresa en Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....