InicioMedioambiente e PatrimonioAsociacións ecoloxistas alegan contra as "ilegalidades" da ampliación da mina de Muras

Asociacións ecoloxistas alegan contra as “ilegalidades” da ampliación da mina de Muras

Sosteñen que a proposta se proxecta "plenamente en zona de ampliación de Rede Natura, coas múltiples afeccións que isto suporía".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Diferentes entidades ecoloxistas e sociais presentaron alegacións contra as “ilegalidades” da ampliación da mina de San Acisclo, en Muras, por parte da promotora Materiais Cerámicos Materias Primas SL.

Así o presentou o Sindicato Labrego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, xunto a outros colectivos da Rede Galega Contra a Minaría destrutiva da Galiza, Contraminacción e entidades da Terra Chá –como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible–.

Denuncian que este proxecto presentado para a extracción de feldespato é idéntico ao denegado pola Xefatura Territorial o 31 de outubro de 2019, pero visado en distinta data.

Censuran que o novo o novo proxecto “non conta tan sequera con avaliación ambiental”, “requisito que é indispensable se se ten unha mínima vontade de respectar as pautas básicas de protección ambiental”. “Sen esta avaliación non poden ser incorporados os criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas, nin garantir unha adecuada prevención de impactos ambientais concretos que se poidan xerar, nin establecer mecanismos eficaces de corrección ou compensación”.

Ademais, sosteñen que a ampliación mineira presentada se proxecta “plenamente en zona de ampliación de Rede Natura, coas múltiples afeccións que isto suporía”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...