InicioEconomíaFlor de Lis recibe melloras en saneamento, pavimento e instalación eléctrica

Flor de Lis recibe melloras en saneamento, pavimento e instalación eléctrica

O Concello de Lugo, co apoio da Deputación, reacondiciona as redes de abastecemento e drenaxe xunto con obras menores na mesma rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza da rúa Flor de Lis conta con servizos renovados. Concello de Lugo e Deputación acondicionaron as redes de abastecemento e drenaxe, amais doutras obras de menor entidade. Está en proceso a última fase da intervención, o pavimentado. En total, a obra contou cun orzamento de 54.000 euros.

Estes avances foron supervisados pola rexedora Lara Méndez e mailo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez. Ámbolos comprobaron in situ as tarefas de acondicionamento en Flor de Lis, no barrio da Abella, que constan de tres actuacións principais.

A primeira consistiu na substitución da tubería de abastecemento de PVC encolado por outra de fundición dúctil. Asemade renovouse a rede de saneamento, configurada cun colector executado en tubería lisa, e elementos complementarios tales coma pozos de formigón, sumidoiros e acometidas domiciliarias, xunto coa instalación de reixas para que a auga non entre nas casas do final da rúa, por temas de pendente. A terceira e derradeira das accións principais comprendeu a obra de soterramento da instalación do alumeado público.

De xeito complementario, os traballos en Flor de Lis inclúen a execución dun itinerario peonil, o pavimentado a base de formigón –dando continuidade así á rúa Oliveira– e a reparación do pavimento de calzada. Por outra banda, aproveitarase para renovar a sinalización horizontal e colocar sinalización vertical complementaria.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...