InicioEconomíaConcentración do comité de empresa de Medio Rural para este mércores para...

Concentración do comité de empresa de Medio Rural para este mércores para denunciar a súa “precariedade”

Entre outras peticións, reclaman a ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo. Critican que haxa un milleiro de empregados de loita contra o lume que están contratados "soamente durante seis meses ao ano", o que "atenta directamente contra a profesionalización do servizo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de empresa da Consellería de Medio Rural concentrarase este mércores, 22 de setembro (a partir das 11,00 horas), ante o edificio da Xunta en Lugo, para protestar contra a “gravísima precariedade” e “inseguridade xurídica” que padecen traballadores do servizo de extinción (Spdcif), así como de veterinarios e traballadores do Laboratorio de Sanidade Animal (Lasapaga).

Entre outras peticións, reclaman a ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo. Critican que haxa un milleiro de empregados de loita contra o lume que están contratados “soamente durante seis meses ao ano”, o que “atenta directamente contra a profesionalización do servizo”. Igualmente, 600 traballadores fixos descontinuos de 9 meses levan “máis de 15 anos esperando a ampliación dos seus contratos”.

Xunto a isto, tamén se require a cobertura de postos vacantes, así como o mantemento e renovación de adscricións temporais, dado que a Secretaría Xeral Técnica, “no seu afán de reducir custos de persoal”, “está a impedir” a súa prórroga.

Así mesmo, o comité de empresa de Medio Rural pide a consolidación de “todos” os postos de traballo ante “o gran número de contratos temporais” entre os membros do servizo antincendios, veterinarios e persoal do Laboratorio de Sanidade Animal.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...