InicioEconomíaLugo Monumental chegará ao Supremo para a eliminación das restricións en hostalaría

Lugo Monumental chegará ao Supremo para a eliminación das restricións en hostalaría

A asociación mostrouse consciente da "dificultade" do proceso dada a liña argumental de que as "medidas están avaladas por criterios sanitarios".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, advertiu de que a asociación está disposta a chegar ao Tribunal Supremo para tombar as novas restricións implementadas na hostalaría e o lecer nocturno por parte da Xunta de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denegou a medida cautelarísima solicitada pola entidade empresarial para que se suspendese a esixencia de achegar o certificado covid-19 para acceder ao interior destes establecementos, así como as restricións relativas á ocupación nas terrazas nos concellos con peor situación epidemiolóxica.

As cautelarísimas son unhas actuacións que se piden de forma urxente e que se pediron para non danar á hostalaría durante este fin de semana pasado porque entendiamos que eran unhas restricións que os prexudicaban”, explicou.

A pesar de denegarse a solicitude, Latorre sinalou que o recurso aínda “segue o proceso normal” e “despois é cando se entrará no fondo do asunto”. “Aínda estamos lonxe dunha resolución, que tardará como mínimo un par de semanas”, augurou.

A asociación está disposta a chegar ao alto tribunal se o TSXG tomba definitivamente o recurso presentado. No entanto, mostrouse consciente da “dificultade” do proceso dada a liña argumental de que as “medidas están avaladas por criterios sanitarios”.

“E aí non estamos de acordo e de feito en Canarias, Melilla, Andalucía ou en Cantabria aceptáronse”, engadiu.

É por iso Latorre avisa que, no caso de que non prospere a súa reclamación, acudirán ao Supremo “para coordinar o que está a pasar en todo o territorio nacional”, ao entender que as medidas aplicadas e a redución de aforamentos “non ten sentido ningún”.

“Nós cremos que ten que haber unha medida que sexa distanciar as mesas, pero non reducir o aforamento”, esgrimiu.

Así mesmo, instou a non discriminar a terraza segundo sexa a licenza de lecer nocturno ou diúrno. “Á mesma hora unha cafetaría non ten que pedirche os certificados de vacinación e o pub de á beira si, iso tampouco ten ningunha lóxica”, clama.

Así mesmo, censura que se teña que pedir o certificado de vacinación para acceder ao interior do local, que tacha de “unha intromisión na intimidade da xente”.

Tampouco quere falar de “guerra” co Goberno galego, senón de “unha discrepancia de criterios”. “Cremos que a Xunta ata este momento fixo as cousas razoablemente ben, só que cremos que nas últimas semanas tomaron criterios cos que non estamos de acordo“, resolveu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...