InicioEconomíaCase 700 establecementos de toda provincia súmanse a os 'Bonos Impulso' da...

Case 700 establecementos de toda provincia súmanse a os ‘Bonos Impulso’ da Deputación de Lugo

A institución provincial, con 22.000 apoios, gana no voto popular da Copa España Creativa 2020

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case 700 establecementos de toda a provincia sumáronse aos Bonos Impulso da Deputación de Lugo, unha medida recollida no Plan de Impulso da Economía da Provincia coa que a institución provincial busca inxectar máis de 1,5 millóns a comercio, hostalaría e turismo para axudar a paliar a crise derivada da covid-19.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que, “unha vez finalizada a fase de inscrición de establecementos, nos próximos días publicarase a listaxe de participantes definitivo e farase chegar a cada local un distintivo da súa adhesión ao programa para facilitar que os veciños saiban onde poderán trocar os seus bonos”.

Segundo trasladou Rivera, técnicos da Deputación de Lugo visitarán a cada un dos negocios inscritos para explicar o seu funcionamento de forma individualizada, resolver dúbidas e repartir os distintivos.

Na páxina web da Deputación habilitouse un espazo específico onde os negocios poden atopar tamén información útil sobre a campaña. Así mesmo, a institución provincial habilitou a dirección electrónica ‘bonoimpulso@deputacionlugo.org’ e o teléfono 982.260.204 para calquera dúbida que poida xurdir.

A Deputación de Lugo destina a este programa 510.000 euros, pero terá un efecto multiplicador porque para utilizar os descontos, de 30 euros, as persoas deberán facer unha compra ou consumición mínima de 60 euros.

COPA ESPAÑA CREATIVA

Por outra banda, a Deputación de Lugo informou de que gañou a fase do voto popular da Copa España Creativa ao recibir 22.000 apoios, o 35,6% total, moi por diante do segundo posto.

A institución provincial concorre co seu proxecto para a recuperación e posta en valor dos soutos da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O proxecto presentado pola Deputación de Lugo, que participa na categoría Creatividade e Innovación Social e Territorial, foi o que tivo un maior apoio entre os 20 finalistas nesta primeira fase de votación, que supón o 40% do resultado final, mantendo unha diferenza de máis de 10 puntos respecto á proposta que quedou en segunda posición.

A organización destacou neste sentido “a excelente difusión institucional” realizada pola institución provincial.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...