InicioEconomíaAprobada a renovación das conexións de Outeiro e Begonte

Aprobada a renovación das conexións de Outeiro e Begonte

A Deputación sacará a concurso a rehabilitación das estradas que vencellan os núcleos rurais de Outeiro e Begonte coas principais arterias de comunicación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo renovará as estradas que integran os núcleos rurais de Outeiro de Rei e Begonte. Son en total 9 quilómetros entre catro vías da rede provincial, que dende a N-VI se proxectan en perpendicular cara o leste, vencellando á veciñanza destes lugares, e proporcionando camiños alternativos para desprazarse a Castro.

As actuacións neste triángulo comprenden a rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e renovación da sinalización horizontal e vertical. Esta mellora na comodidade e seguridade dos usuarios conta un orzamento de 422.000 euros. Logo da aprobación da xunta de goberno provincial, nas vindeiras semanas abrirase o prazo para que as empresas interesadas poidan participar da contratación.

En Outeiro de Rei a partida acada os 303.000 euros. Este investimento servirá, en primeiro termo, para renovar case dous quilómetros da LU-P-1109, que atravesa Cornide entre Arcos e Dumpín, xa no termo municipal de Castro de Rei. A segunda parte destas obras terá lugar na LU-P-3907, que vai de Arcos ata O Ceao por Vilar, arranxando a estrada dende o punto quilométrico 3,1 ata o 4,07. E un terceiro treito a mellorar é na LU-P-3908, dende Ramil por Martul ata a unión coa LU-P-2905. 

Pola súa banda, o total orzamentado para Begonte é de 118.600 euros. Con este investimento asumirase a rehabilitación de 2,8 quilómetros na estrada LU-P-0801, dende a saída da N-VI en Begonte ata Veigas de Baltar. Trátase dun nexo crucial para case mil habitantes da zona, entre os núcleos de Amil e Altive ata o propio centro do Concello de Begonte. 

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...