InicioEconomíaLugo celebra o seu liderado en produtos ecolóxicos con tres novas feiras

Lugo celebra o seu liderado en produtos ecolóxicos con tres novas feiras

Os concellos de Lugo, Monforte e Viveiro organizan co auspicio do CRAEGA e a Deputación tres novas feiras adicadas aos produtos ecolóxicos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia é lidera no estado a superficie adicada aos produtos ecolóxicos. E dentro das catro provincias, a de Lugo é a que aposta máis forte por un sector que medra en demanda de xeito sostido. Para celebrar e consolidar esta posición na alimentación sostible, os concellos de Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro albergarán tres novas feiras entre agosto e setembro, baixo o nome de Ágora Verde.

Esta iniciativa está auspiciada pola Deputación de Lugo e mailo CRAEGA, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Na terceira edición desta mostra, a autoridade provincial contribuirá cunha achega de 25.000 euros. En Monforte de Lemos terá lugar os días 23, 24 e 25 de agosto, en Viveiro os días 30,31 e 1 de setembro e, finalmente, en Lugo os días 4, 5 e 6 de setembro. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.

Na presentación da Ágora Verde estiveron presentes este martes, no Pazo de San Marcos, o vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o rexedor de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o concelleiro do Mar de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, e o presidente de CRAEGA, Francisco López Valladares.

Fernández Queipo precisou que Lugo conta coa maior superficie deste tipo de produción en Galicia, cun total de 14.846 hectáreas, que representan o 47 por cento do total. A comunidade autónoma salienta no sector a nivel estatal con 31.916 hectáreas, “o que dá boa conta da relevancia desta actividade para a economía e o emprego na provincia”.

“Creo firmemente no potencial da agricultura ecolóxica”, continuou o vicepresidente, que remarcou a posta en marcha da primeira Escola de Agricultura Ecolóxica pública e gratuíta no Concello do Valadouro, ademais de distintas programacións formativas e gratuítas que impulsan o emprendemento sustentable que farán posible a creación de novos negocios  agroecolóxicos.

O representante provincial insistiu na necesidade de “aproveitar as oportunidades económicas relacionadas co sector agroecolóxico”, cada vez máis demandado, pola súa contribución ao emprego e desenvolvemento socioeconómico vencellado ás fases do proceso de comercialización. Tal e como especificou Fernández Queipo, a producción de produtos ecolóxicos certificados incrementouse na provincia un 45 por cento ao longo de 2017. Foi en comparación un 3 por cento máis dinámico que a media galega, comportando un volume económico superior aos 22 millóns de euros. 

Estas feiras de promoción son de grande importancia, “pois a pesar do importante auxe da produción ecolóxica, aínda existe moita confusión entre os consumidores“. Así, dende a Deputación lembran da obrigatoriedade de que todos os produtos ecolóxicos estean certificados polo órgano de control autorizado en Galicia, o CREAGA. 

Con  tal fin, Ágora Verde ofrecerá información sobre as propiedades e beneficios da agroecoloxía e a pegada ambiental. Tamén servirá para aproximar a consumidores e produtores, establecendo novas alianzas de distribución. A meirandes do posto informativo haberá degustacións e venda directa de alimentos nas casetas das entidades participantes.

ÚLTIMAS

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...