InicioA UlloaA Deputación de Lugo crea 300 postos de traballo na provincia

A Deputación de Lugo crea 300 postos de traballo na provincia

Os principais sectores beneficiados serán o da construción, o primario, o de servizos e a contratación de peóns, entre outros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo creará ao redor de 300 postos de traballo nos concellos da provincia grazas ao investimento de 3,5 millóns de euros prevista no Plan Único, programa aprobado polo organismo provincial e dotado na súa totalidade con 21,5 millóns de euros.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia dun investimento que “favorece que as persoas se asenten no lugar onde residen e combater así a caída demográfica, ademais de contribuír á dinamización da economía e á xeración de riqueza”.

Algunhas das áreas nas que repercutirá a creación destes postos de traballo son o sector primario, a construción, a contratación de peóns ou o sector servizos. Pero a Deputación apuntou que tamén se crearán novos postos de socorristas, monitores turísticos, administrativos, enxeñeiros forestais ou conserxes, entre outros.

Por comarcas, os concellos da Mariña destinarán 725.000 euros na creación de 56 empregos enfocados ao lecer e ao tempo libre, á construción e ao sector primario. Entre os postos de traballo, Barreiros, Alfoz ou Lourenzá contratarán a persoas para o sector turístico, Ourol a peóns forestais, e Ribadeo e O Vicedo, técnicos para o mantemento de zonas rurais e o medio ambiente.

Tamén os 11 municipios da comarca de Montaña crearán 54 empregos no sector primario, a administración e a construción mediante unha partida de 690.000 euros, “que permitirán fixar emprego no territorio en sectores de gran valor para os concellos”.

A comarca da Terra Chá, pola súa banda, destinará 538.000 euros á creación de 34 postos de traballo en sectores como a construción ou a administración. A mesma cantidade de empregos crearanse nos municipios de Sarria, onde os concellos contratarán principalmente peóns cun investimento de case 420.000 euros.

Doutra banda, os municipios da comarca de Lugo centrarán a súa partida, dotada con 366.000 euros, na contratación de 32 persoas na construción, a administración e en persoal para a conservación e mantemento de zonas rurais. Os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, que conforman a comarca de Ulloa, crearán 14 empregos entre auxiliares de enfermaría, mestres de escola infantil e arquitectos, entre outros.

“DÁ RESPOSTAS”

Co Plan Único de Cooperación cos concellos, a Deputación, como indicou no comunicado, “dá resposta a situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía”, xa que son eles os que deciden “en que e como gastar as achegas”.

“Con este programa, a Deputación garante a distribución de fondos públicos con total transparencia e con criterios obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, un feito que favorece a equidade e o desenvolvemento equilibrado da sociedade e do territorio”, remarcou a entidade provincial, que apuntou que no plan establécese unha contía máxima de 500.000 euros e unha mínima de 200.000 euros, “para blindar o financiamento dos concellos máis pequenos”.

ÚLTIMAS

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...

Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo

Un home de 92 anos faleceu na madrugada deste martes no Hospital Lucus Augusti...

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...