InicioEconomíaOs hostaleiros achacan algúns incumprimentos á confusión da normativa

Os hostaleiros achacan algúns incumprimentos á confusión da normativa

Cheché Real recoñeceu que "houbo algún problema de interpretación" en canto ás mesas das terrazas, pero asegurou que xa se corrixiron o sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, demandou “máis claridade” na normativa de apertura deste tipo de establecementos tras o alivio de restricións.

Así, explicou que o pasado venres, cando se aliviaron as restricións en zonas como Lugo, “houbo algún problema de interpretación da norma”. “E nós xa cursamos correos ese mesmo venres para dicir que había que ter o cento por cento das mesas montadas (terrazas) e inutilizadas ao cincuenta por cento”, comentou, unha circunstancia que xa se corrixiu o sábado.

Cheché Real protestou porque “saen normas, DOG, boletíns, que saen dun día para outro e hai que interpretalas”. “E nós vimos interpretando normas e boletíns desde o 14 de marzo”, abundou.

Tamén chamou a atención pola capacidade máxima permitida no interior (o 30% en Lugo), algo que non supón grande alivio para moitos locais: “se hai un establecemento con tres mesas só pode usar unha; se nesa mesa hai unha soa persoa, xa non poden entrar máis”. Por iso, Real advertiu que “son cinco veces menos de ingresos do que se podía ter”. “Isto a nós economicamente non nos soluciona nada, todo o contrario porque hai establecementos con aforos importantes que teñen que abrir a perdas”, lamentou.

“O que vemos é que hai moita ilusión por parte dos empresarios e da cidadanía e encima o fin de semana acompañou o tempo. Temos que coidarnos moito, non se trata de multas ou sancións económicas, o problema é da contaminación porque se soben os casos de transmisión vólvennos a pechar a todos e isto non se pode permitir porque sería catastrófico”, concluíu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...