InicioEconomíaO Goberno abonou 41'5 millóns a case 18.000 traballadores en ERTE en...

O Goberno abonou 41’5 millóns a case 18.000 traballadores en ERTE en Lugo no 2020

O ano pasado tramitáronse 89.250 expedientes na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou de que o Goberno abonou en 2020 máis de 41,5 millóns de euros a case 18.000 traballadores en ERTE na provincia.

Este xoves, a subdelegada mantivo unha reunión telemática coa directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Estefanía Pita.

E é que a pandemia aumentou un 300% a carga de traballo do SEPE co fin de tramitar as axudas do escudo social para os sectores afectados. Entre os meses de abril e agosto, incorporáronse ás oficinas do SEPE un total de 12 traballadores interinos. En total, o ano pasado tramitáronse 89.250 expedientes na provincia e a oficina virtual deste organismo (Ratel) recibiu máis de 32.000 chamadas.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...