InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo "non ven a luz ao final do túnel"

Os hostaleiros de Lugo “non ven a luz ao final do túnel”

As novas medidas restritivas fan que xa vexan imposible unha recuperación do sector durante a primeira parte do ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, recoñece que os profesionais do sector “xa non ven a luz ao final do túnel” e están a perder “a esperanza”, tanto pola situación económica como polo desgaste “psicolóxico”.

Real lamentou que “o punto de mira” siga posto no sector da hostalaría, que “cada vez está peor desde o punto de vista económico”. Aseguran que xa non confían nunha recuperación durante a primeira parte deste ano, logo de coñecerse as novas medidas que endurecen as restricións nos locais hostaleiros.

Segundo Real, a situación económica do sector “é un caos”, pero o sector tamén está moi tocado “psicoloxicamente”, porque os profesionais conviven coa “inquietude” e coa “incerteza” desde hai moitos meses, “pendentes cada martes” de novas decisións, ás veces en forma de restricións severas, que afectan non só á súa conta de resultados senón tamén á planificación da súa propia actividade.

NOVAS MEDIDAS

A Xunta avanzaba na tardiña de onte unhas restricións máis severas para o sector hostaleiro, medidas que concretaron na mañá deste mércores. Os locais só poderán abrir ata as 18:00 en toda Galicia, e a posibilidade de servir no interior vén determinada pola condición de concello en nivel de alerta media-alta ou alerta máxima.

No caso da provincia, Vilalba, Viveiro e Xove son os que se atopan na segunda desas situacións. Así pois, bares e restaurantes só poderán atender os seus clientes en terraza, cunha capacidade do 50%. No resto de municipios (incluído Lugo capital), permítese consumir no interior dos locais ao 30% e no exterior ao 50%.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...