InicioEconomíaA Deputación de Lugo destinará un terzo dos orzamentos a políticas sociais

A Deputación de Lugo destinará un terzo dos orzamentos a políticas sociais

Ascenden a 92,5 millóns e entrarán en vigor o 1 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os orzamentos da Deputación de Lugo para o próximo exercicio, que ascenden a 92,5 millóns de euros, entrarán en vigor o 1 de xaneiro, tras publicar este mércores o Boletín Oficial da Provincia (BOP) a súa aprobación definitiva, acordada pola Corporación provincial en pleno ordinario tras desestimar a única alegación presentada.

Nun comunicado, a Deputación resalta que cumpre “co obxectivo marcado polo presidente ao comezo do mandato de contar desde principios de ano cun instrumento investidor fundamental para a provincia”.

Ademais, subliña que un terzo dos 92,5 millóns de euros irá dedicado a políticas sociais, para “seguir traballando da man dos concellos e do tecido social e produtivo para mellorar os servizos públicos e favorecer a reactivación da economía fronte aos efectos da pandemia”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...