InicioEconomíaA Xunta recibe a herdanza dun home de Outeiro de Rei que...

A Xunta recibe a herdanza dun home de Outeiro de Rei que morreu sen sucesores

A Xunta leva ingresados por este tipo de herdanzas case 213.000 euros nos últimos dez anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Outeiro de Rei que morreu aos 83 anos sen testamento e sen sucesores. O pasado 9 de decembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha resolución pola que se iniciaba o procedemento para declarar á comunidade autónoma como herdeira ‘ab intestato’ deste home, do mesmo xeito que o fixo con outras 74 persoas nos 10 últimos anos.

Son as herdanzas intestadas, polas que a comunidade ingresou na última década algo máis de 200.000 euros de unicamente sete liquidacións, debido a que estes procedementos son longos e adoitan aparecer herdeiros. Cando hai liquidación, o diñeiro destínase a fins asistenciais ou culturais.

“Intúo que as herdanzas sen testamento non son moitas, é máis, creo que a administración herda máis pola adxudicación de valores, contas correntes, etcétera, en presunción de abandono, isto é, cando pasaron máis de 20 anos sen practicarse xestión algunha”, destaca o profesor da Universidade de Vigo Alberto Vaqueiro.

En declaracións a Europa Press, Vaqueiro, membro do Foro Económico de Galicia, alude a este tipo de herdanza “silenciosa” que estima que é máis habitual que o caso das intestadas. En canto ao perfil do falecido sen testamento e sen sucesores, e o tipo de patrimonio máis habitual, non hai estatística “que mostre tanto detalle”.

TRES FASES

Neste tipo de herdanzas, a norma fixa tres fases. A primeira delas, de actuacións previas, é na que se investiga se o falecido ten ou non herdeiros, sexan legais ou testamentarios. En 2018 abríronse 77 investigacións, segundo datos da Consellería de Facenda solicitados por Europa Press. En 2019 foron 44 e no que vai de 2020 son 32 as iniciadas.

Facenda aclara que “moitas das investigacións iniciadas nun determinado ano non pasarán á fase de declaración de herdeiros, posto que a administración adoita atopar herdeiros preferentes”.

A segunda etapa, a de procedemento para a declaración administrativa de herdeiros, é a que arrinca se a administración comproba a priori que aparentemente o falecido non ten herdeiros. Trátase dun procedemento para declarar herdeira á comunidade autónoma mediante a publicación no BOE, no DOG e na web da consellería, entre outros.

Nunha década houbo un total de 75 declaracións da comunidade como herdeira: seis en 2010, sete en 2011, 19 en 2012, sete en 2013, oito en 2014, nove en 2015, catro en 2016, tres en 2017, seis en 2018, tres en 2019 e outro tres en 2020.

Por último, existe unha última fase de liquidación da herdanza, na cal se liquida o patrimonio para destinalo a fins asistenciais ou culturais, tal e como establece a lei de dereito civil de Galicia. En 2019 e 2020 non houbo ningunha liquidación. Desde 2010 e ata o momento, a comunidade galega ingresou un total de 212.954,85 euros de sete liquidacións.

A consellería precisa que este tres procedementos son trasversales no tempo, posto que se dilatan durante varios anos.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...