InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo, indignados: "As axudas do Goberno son insultantes"

Os hostaleiros de Lugo, indignados: “As axudas do Goberno son insultantes”

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo acusa o Executivo central de "ningunear" o sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, acusa o Goberno central de “ningunear” o sector porque as axudas que expón “son absolutamente insuficientes”.

“Hai unha parte do Goberno que parece que nos ningunea ao sector da hostalaría e do turismo. Tendo a importancia que teñen a nivel nacional non entendemos como se poden presentar estas axudas ao sector porque son insultantes“, denuncia Real.

Ademais, o representante dos hostaleiros lucenses afea que o Estado deixe “en mans das comunidades autónomas e dos concellos” a convocatoria destes apoios: “Diso nos estamos encargando xa nós”. Cheché Real avoga por “axudas directas”, aínda que recalca que “máis que axudas hai que pedir indemnizacións por non poder operar”.

En canto á actividade da hostalaría, Real apunta que haberá “pouco movemento, porque hai unha sensación de medo e hai sensación de autorregularse”. Así, ante as comidas e ceas que se prevén para estas datas, o empresario lucense reclama que estas non se celebren “máis aló do legalmente permitido” nin do que “o sentido común” impón.

E é que outro confinamento a inicios do 2021, como consecuencia dun aumento de contaxios tras estes eventos, levaría a que o sector se vise novamente “prexudicado”, advirte finalmente Real.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...