InicioEconomíaComercios e hostaleiros vólvense unir para ofrecer bonos-regalo a través da web

Comercios e hostaleiros vólvense unir para ofrecer bonos-regalo a través da web

Unha vintena de establecementos adheríronse á plataforma 'Lugo é capital', posta en marcha co obxectivo de apoiar os negocios locais nun ano tan difícil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O Concello de Lugo puxo hoxe en marcha a plataforma web ‘Lugo é capital’, da man da Federación Galega de Comercio e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo, para impulsar a compra en liña en diferentes establecementos do municipio durante a campaña de Nadal. Así, xa hai dispoñibles máis de 80 bonos-regalo, que os clientes poderán trocar directamente nos locais.

De momento, inscribíronse para participar na plataforma un total de 20 establecementos da cidade, segundo explicaron á prensa a alcaldesa, Lara Méndez, e o edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, quen tamén confirmaron que o prazo para adherirse a esta iniciativa, de forma gratuíta, continúa aberto a través da propia web. 

Repetto explicou aos medios de comunicación que o funcionamento da plataforma é “sinxelo”, porque os usuarios atoparán unha lista cos establecementos participantes e, se desexan comprar algún dos bonos, simplemente teñen que introducir os seus datos para que se abra a pasarela de pago que lles permitirá abonar o custo do ticket. Finalmente, recibirán a confirmación da compra a través do correo electrónico.

Méndez afirmou que se trata dunha iniciativa que “quere complementar as vendas físicas en tenda para facilitar ás persoas que poidan realizar as súas compras” no comercio local neste tempo de pandemia. Nese sentido, convidou a todos os lucenses a “colaborar co pequeno comercio”.

O edil de Desenvolvemento Local lembrou que durante o confinamento, cando os comercios estaban pechados, púxose en marcha unha iniciativa semellante para impulsar a compra anticipada, con descontos para os clientes, que “resultou exitosa”. EFE

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...