InicioEconomíaO sector da distribución de Lugo únese para denunciar a súa "dramática"...

O sector da distribución de Lugo únese para denunciar a súa “dramática” situación

Estiman que durante a pandemia as súas vendas descenderon un 65%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sector da distribución, moi vinculado á hostalaría, acumula un descenso de vendas do 65 por cento desde o inicio da pandemia na provincia, segundo a nova Asociación de Distribuidores de Lugo.

O presidente do colectivo, Eloy García, denunciou este venres “a situación absolutamente dramática” dun sector que ten o seu futuro ligado ao da hostalaría. “Se non podes ir ao teu restaurante favorito porque está pechado nós non atendemos”, engadiu.

O empresario lucense criticou que a distribución se atopa “totalmente esquecida” e reclama que as súas demandas sexan abordadas “como sector independente”. Así as cousas, un total de 42 empresas distribuidoras da provincia uníronse para crear unha asociación para defender os intereses dun sector que, segundo os seus cálculos, dá emprego a unhas 1.000 persoas en Lugo.

“A distribución vinculada á hostalaría non son só as bebidas, senón alimentación, conxelados e tamén o enxoval”, apuntou García, que sinalou a existencia dun primeiro contacto coa Administración autonómica, que mostrou o seu “compromiso” a contar co sector a través do Igape.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...