InicioEconomíaA Xunta presume de "compromiso" con Lugo a través do plan para...

A Xunta presume de “compromiso” con Lugo a través do plan para autónomos e hostalaría

As primeiras axudas do plan de rescate, dotado de 84 millóns, empezaranse a percibir no prazo dun mes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reivindicou ante os empresarios de Lugo o compromiso da Xunta para a reactivación cun orzamento “histórico” para 2021 e o plan para traballadores autónomos e microempresas.

Acompañada do delegado territorial en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro coa directiva da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para avanzar nos proxectos que a Xunta impulsa para a reactivación económica e referendar o seu compromiso co tecido produtivo mediante un orzamento de 11.563 millóns de euros. Tamén coa activación das liñas de axuda dotadas con 84 millóns de euros para axudar a persoas autónomas, microempresas e, en especial, ao sector da hostalaría.

Ante os representantes da CEL, Eduardo Valín e Jaime Luís López, conselleiro delegado e secretario xeral da entidade respectivamente, Lorenzana destacou a relevancia que o Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas, microempresas e sector da hostalaría terá para os empresarios desta provincia “do que por suposto poderán beneficiarse os asociados da CEL e coñecidos máis afectados as consecuencias da pandemia”.

O plan, especificou a conselleira, “está dotado con 84 millóns de euros e caracterizado pola accesibilidade dos seus requisitos e a axilidade á hora de tramitar ás axudas, xa que en cuestión dun mes os primeiros solicitantes xa estarán a cobrar o apoio económico para contribuír ao mantemento da súa actividade empresarial”.

COMPROMISO CON LUGO E COLABORACIÓN

Os lucenses poderán seguir contando co compromiso da Xunta desde todos os departamentos que a conforman”, engadiu, para recalcar que proba diso “son os orzamentos que aprobamos no Consello do día de onte, cun total de 11.563 millóns de euros para o ano 2021, o que supón un incremento dun 14% con respecto a este ano”.

A conselleira comprometeuse a atender as necesidades de Lugo e a colaboración coa CEL. “Desde que entramos no Goberno no ano 2009 investimos na Confederación de Empresarios de Lugo a través da área de Emprego máis de 7,4 millóns de euros“, esgrimiu.

Estas contías estiveron destinadas principalmente á realización de actividades de información, orientación e procura de emprego así como á formación para o emprego de persoas traballadoras ocupadas, unhas tarefas para as que a Xunta mantén a man tendida.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...