InicioEconomíaRibera Salud xa é dono do 54% do Hospital Polusa

Ribera Salud xa é dono do 54% do Hospital Polusa

A empresa privada mostra a súa vontade de "seguir medrando".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ribera Salud comprou o 54% do Hospital Polusa de Lugo, segundo informan a Europa Press fontes da empresa. A través dunha nota de prensa, a conselleira delegada asegura que con esta adquisición o grupo “reafirma o seu compromiso coa sanidade galega” e a súa “vontade de seguir crecendo e desenvolvendo” o seu modelo de saúde “responsable”.

No comunicado, a compañía de sanidade privada explica que “completou a adquisición do control” do hospital despois de que a Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) dese luz verde á operación. “Tras o acordo do pasado mes de xullo cun grupo de accionistas, a operación estaba pendente desta última autorización”, sinala. Os asesores foron Cuatrecasas na área legal e Deloitte na área financeira.

Con este proxecto, Ribera resalta que “consolida o seu crecemento” na comunidade galega, onde xa conta co Hospital Povisa de Vigo desde finais de 2019.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...