InicioEconomíaOs hostaleiros volven á rúa o xoves 12 para facerse oír: "Só...

Os hostaleiros volven á rúa o xoves 12 para facerse oír: “Só pedimos axudas directas”

"O lecer nocturno permanece pechado baixo sete chaves e vai para seis meses sen ningún tipo de ingreso", lamentan dende a Asociación Provincial de Hostaleiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, anunciou que o vindeiro xoves volverán manifestarse para reclamar axudas “directas” ao sector tras o peche decretado desde este sábado.

Respecto diso, comentou que non só os profesionais lucenses volverán saír á rúa, como xa fixeron este pasado sábado, senón que esta protesta será secundará “por outras asociacións” no territorio nacional que “están adscritas a hostalaría de España”. “Será o xoves probablemente a partir das 11 da mañá”, engadiu.

“O que pedimos son axudas, o que non se pode é sacrificar a un sector como ocorre co noso, é un sector absolutamente sacrificado desde que empezou a pandemia en marzo”, sinalou Real. “O único que pedimos son axudas, e nalgún caso rescates porque hai situacións caóticas e desesperanzadoras”, reivindicou.

Estaba previsto trasladar isto este luns nunha reunión das catro asociacións galegas de hostalaría co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Son unhas axudas que tamén esixen do Goberno central, “porque a xente está cos establecementos limitados, con restricións de todo tipo desde hai moito tempo; o lecer nocturno que permanece pechado baixo sete chaves e vai para seis meses sen ningún tipo de ingresos”, sostén.

“Estamos sen ningún tipo de ingreso e facendo fronte a gastos coma se estivésemos abertos. Isto é irresistible e intolerable, precisamos de axudas directas para que a xente poida facer fronte a este tipo de vicisitudes económicas”, concluíu o presidente dos hostaleiros de Lugo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...