InicioEconomíaA asociación de hostaleiros de Lugo saúda as axudas da Xunta ao...

A asociación de hostaleiros de Lugo saúda as axudas da Xunta ao lecer nocturno, pero advirte: “Non é a panacea”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, celebrou as axudas avanzadas este xoves pola Xunta para o lecer nocturno, pero advertiu que “non é a panacea” porque non evitarán “as perdas”.

Así o manifestou Real o día despois da reunión por videoconferencia do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, cos representantes do sector.

O presidente dos hostaleiros lucenses lembrou que levan “tres meses buscando axudas”, pero saudou que esta liña específica para o lecer nocturno “vai ser unha repartición o máis xusto posible” para uns negocios que “levan catro meses pechados”.

En principio, a Xunta consignará 2 millóns de euros para 600 establecementos, o que significa “un primeiro paso”. “Non é a panacea. Non vai ser o que nos quitará das perdas no lecer nocturno, pero hai que aplicar aquilo de paxaro en man”, sentenciou Cheché Real. E é que, segundo incidiu, isto “pode ser o principio doutras axudas que poidan vir” e que “en 15 ou 20 días” poderían xa concretarse máis pormenorizadamente.

Sobre todo, destacou que ditas axudas poden axudar a remediar o problema que se expón co pago dos alugueres: “Isto é un saco sen fondo, porque non tes ingresos de ningún tipo e o aluguer téñeno que seguir pagando aínda que cheguemos a unha negociación (co propietario) e vas ter que seguir pagando unha serie de taxas e seguros sociais”.

“A cuestión é que non poden ter ningún ingreso, porque están pechado por unha orde ministerial”, concluíu o empresario lucense.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...