InicioEconomíaGoberno e CNMC dan o prace para o peche da central de...

Goberno e CNMC dan o prace para o peche da central de Anllares

Naturgy e Endesa solicitaron a autorización de peche en 2017 para non afrontar o custe da modernización da térmica, que xa é deficitaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tempo para a negociación esgótase. O cento de traballadores que aínda quedan na central de Anllares verán a súa marcha adiantada por mor dos plans do goberno central. Logo do informe de xuño da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), autorizando o peche das instalacións por non afectar á garantía do subministro eléctrico, agora é o Ministerio para a Transición Ecolóxica o que tramitará o permiso de clausura nas vindeiras datas.

A autorización do departamento que dirixe Teresa Ribera chegará nun prazo de apenas semanas, segundo adiantou El Economista. Anllares será a primeira térmica do Bierzo en ser desmantelada, un proceso que afectará proximamente á central Compostilla II, a meirande de Castela e León, onde funcionan só dous dos cinco grupos.

Este será o destino inminente das sete térmicas españolas que operan por enriba límites de contaminación e que non realizarán modernizacións no seu funcionamento. O Congreso aprobou un escenario de peche das instalacións que empregan carbón para 2020, obxectivo que comparte o novo goberno socialista, que vencella o mantemento do resto de centrais altamente contaminantes á evolución do resto de operadores do mix enerxético.

Co permiso da CNMC, Transición Ecolóxica poderá iniciar a desconexión destas centrais sen incidencia no subministro eléctrico aínda que non incremente o número de megavatios instalados. Anllares supoñía unha xeración de 350 MW e tivo que recorrer a un permiso especial para seguir operando alén de 2013. A central berciana xa non cumpría cos estándares europeos de contaminación e excedera o límite de horas de máxima producción.

Así e todo, as dúas compañías participantes de Anllares solicitaron autorización para a clausura en 2017. Endesa e Naturgy –antiga Gas Natural Fenosa– non teñen interés en manter estas instalacións deficitarias, nin en asumir o custe de adaptalas ás normas comunitarias. Os fondos irán adicados ao desmantelamento da central, que terá que producirse antes de tres anos despois da orde ministerial.

 

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...