Alcoa insiste en non vender a fábrica de San Cibrao e continúa adiante cos despidos

Traballadores de Alcoa camiñan pola rúa cunha pancarta na que se le 'Sen Industria Non Hai Futuro', durante unha nova manifestación en Foz, Lugo, Galicia (España) a 14 de xuño de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

A dirección de Alcoa enviou un comunicado no que esgrime perdas que fan que non teña “tempo” para negarse a abordar unha venda da planta de aluminio de San Cibrao coas cubas de electrólise operativas.

No texto, a multinacional amósase a “explorar” outras vías, aquelas “alternativas ou propostas que poidan suscitar” os representantes dos traballadores ou as autoridades, pero argumenta que para “valorar ou analizar” ditas ofertas, teñen que ser “concretas e realistas”, algo que “a día de hoxe aínda non ocorreu”.

Así se expresaba o presidente de Alcoa EspañaÁlvaro Dorado, nun escrito remitido á “comisión representativa dos traballadores no despedimento colectivo” presentado en San Cibrao, onde pretende despedir a 534 obreiros da planta de aluminio, eliminando unha serie de tarefas -entre elas a electrólise– que suporía a perda doutros 400 empregos en empresas auxiliares. Toda a información no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here