InicioEconomíaMáis de cincuenta concellos de Lugo imporanlles unha taxa ás compañías eléctricas

Máis de cincuenta concellos de Lugo imporanlles unha taxa ás compañías eléctricas

A Deputación aprobou a adxudicación da asistencia técnica para implantar a medida, grazas á cal os municipios cobrarían un tributo polas redes de subministro eléctrico e de gas colocadas en áreas de dominio público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación dunha asistencia técnica, por importe de 193.000 euros, para que os municipios da provincia poidan implantar unha taxa ás compañías eléctricas e de subministración de gas polo uso que fan dos bens de dominio público para o transporte da enerxía.

Trátase, segundo precisou a portavoz socialista do goberno bipartito, Pilar García Porto, dun tributo que lles permitirá “obter novos recursos económicos” á maioría dos municipios da provincia. De feito, a Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración con 53 dos 67 municipios da provincia que decidiron sumarse a este proxecto.

A xunta de goberno adxudicou a elaboración do conxunto de traballos técnicos, económicos e administrativos que son necesarios para “a aplicación da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local que fan as empresas de subministración eléctrica e gas”, precisou García Porto.

O prazo de execución é de catro anos, aínda que a adxudicataria terá oito meses para presentar o inventario da afección sobre o dominio público das liñas eléctricas que pasan polos municipios da provincia.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...