O PP pide que a Deputación destine ás orquestras o diñeiro que ía dedicar ás festas

Javier Castiñeira lembra as dificultades dos traballadores deste colectivo, que conseguían "gran parte dos ingresos anuais" grazas ás verbenas, case todas canceladas.

Orquestra | ALX

EFE | O grupo provincial do Partido Popular pediulle ao goberno da Deputación de Lugo que destine os fondos que ía gastar este ano en subvencionar a celebración de festas en distintos municipios da provincia a unha liña de axudas directas para as orquestras, dado que a maioría quedaron sen traballo este ano por mor da crise do coronavirus.

O presidente da Asociación Galega de Orquestras, Manuel Fariña, recoñeceu á prensa que as contratacións caeron este ano “nun 99%”, como consecuencia da anulación da maioría das festas que ían celebrarse este verán.  Por iso, despois dunha conversación telefónica co propio Fariña, o portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira, anunciou que “tentará” conseguir que a Deputación abra esa “liña de axudas directas” ás orquestras da provincia.

Os populares propoñerán que os fondos saian da área de Cultura, que xestiona o BNG, concretamente das “partidas que o organismo provincial non poderá dedicar ás festas que apoia”, agora suspendidas pola crise sanitaria.  Castiñeira lembrou, nese sentido, que son moitos os lucenses que “conseguían unha gran parte dos seus ingresos” anuais do “traballo nas orquestras”.

1 COMENTARIO

  1. Y digo yo… por que no se preocupa el PP de pedir que ese dinero se reparta entre el pequeño comercio por ejemplo, que es el que más ha sufrido esta crisis?
    Pues porque las orquestas son indispendables, por lo visto…. o para que cuatro empresarios sigan ganando un monton de “pasta”, pero esta vez sin trabajar…. como viene haciendo su partido, vaya….

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here