InicioEconomía"Cada día cancélanse 20 ou 30 verbenas. Precisamos un protocolo para celebralas...

“Cada día cancélanse 20 ou 30 verbenas. Precisamos un protocolo para celebralas e salvar postos de traballo”

O sector das orquestras e derivados, así como os concellos, urxen a determinación das condicións que deben cumprir para salvar a tempada: "Se esperamos 15 días máis, igual non hai orquestras". O Goberno galego, pola súa parte, di que a elaboración dese plan de seguridade corresponde ao Executivo central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reclamou á Xunta que estableza un protocolo de seguridade para as verbenas ante o inminente comezo do verán e a próxima finalización do proceso de desescalada. Mentres, o Executivo galego trasladou esta demanda ao Goberno central, ao que sinalou que corresponde esta competencia durante o estado de alarma e explicou que, tras o mesmo, o control das celebracións deberá ser asumido polos concellos.

De feito, a elaboración desta guía permanecerá pendente ata a aprobación do real decreto lei no que se recollerán todas as medidas sanitarias que será necesario manter fronte á COVID-19 unha vez se levante o estado de alarma nos distintos territorios.

O sector tamén urxiu que se detallen as condicións nas que se deberán realizar estes eventos co obxectivo de evitar o peche das empresas ligadas aos mesmos que, segundo asegura, verán reducida a súa recadación anual entre un 60% e 70% en 2020.

Os representantes de orquestras insistiron ademais na necesidade de que se articulen axudas que permitan evitar o peche deste colectivo, que xera 5.000 empregos directos en grupos musicais, ademais de beneficios á hostalaría, empresas de pirotecnia e propietarios de atraccións de feira.

Nun contexto marcado pola suspensión das verbenas que se celebran cada ano na práctica totalidade das parroquias galegas e un proceso de desescalada que non contempla a continuación desta actividade en ningunha das súas fases, a Fegamp, a Xunta e o sector participaron en varios encontros nos que se contrapuxeron posicións respecto da administración que debe determinar as medidas de seguridade destes eventos.

OS CONCELLOS NON PODEN FACERSE CARGO

Ante esta situación, en declaracións a Europa Press, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, lembrou que, aínda que segundo a Lei de espectáculos públicos e actividades de Galicia a seguridade dos eventos corresponde aos concellos, estes carecen de persoal cualificado para elaborar un protocolo de seguridade que preveña contaxios por COVID-19 nas verbenas. Por iso, reclamou que se lles facilite unha guía de actuación.

Neste sentido, o tamén alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) sinalou que “o seguinte paso” leva que se determine se ese protocolo será elaborado polo Executivo que preside Pedro Sánchez ou a Xunta. Así, remarcou que un concello que pretenda acoller un evento necesita coñecer, ademais da ocupación máxima, as medidas de desinfección que se deben aplicar no espazo no que se celebre.

“Non podemos entender que a responsabilidade (do control da seguridade) sexa dos concellos dada a situación actual”, lamentou á vez que resaltou que, a diferenza do Executivo galego e o central, os gobernos locais carecen de competencias en materia sanitaria.

Na mesma liña, explicou que a Fegamp se mantén en contacto con distintas administracións e o sector co obxectivo de alcanzar “un punto de entendemento”, aínda que advertiu que os municipios non poden “traballar a cegas” neste ámbito. “Hai plans de emerxencia para este tipo de celebracións, pero a particularidade (deste ano) é que medidas pomos para que non haxa un foco de contaxios”, explicou o rexedor socialista.

Adicionalmente, remarcou a importancia de que as comisións de festas, que exercen como as principais contratantes na comunidade, dispoñan de “seguridade” para celebrar estes eventos.

PECHES E CANCELACIÓNS

O director de Gaias Eventos Musicais, Víctor Antón, incidiu na necesidade de contar cunha guía nun prazo de dúas semanas e esperou que sexa o Executivo galego o que asuma a súa elaboración tras a finalización do estado de alarma.

“Pedímoslle á Xunta que dea un paso á fronte e que saque un protocolo xa”, afirmou tras chamar a todas as administracións a “sumar esforzos” para evitar “consecuencias nefastas” para “toda a economía galega”.  “Se esperamos 15 días máis, igual recibimos o permiso para celebrar festas seguras, pero non hai orquestras, alertou tras sinalar que “cada día cancélanse 20 ou 30 verbenas”.

Así, o director de Gaias Eventos Musicais avanzou que se espera que se pechen sobre o 80% destas empresas dado que se prevé que a facturación este ano represente o “30% ou 40%” da do anterior, así como que “máis do 50% do sector” non poida retomar a súa actividade este verán.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...