A Mariña corta a A-8 cunha gran protesta para esixir a continuidade de Alcoa

O comité pide ao Goberno que interveña a fábrica a fin de evitar os 534 despedimentos anunciados pola multinacional.

O comité atende aos medios de comunicación na A-8, ateigada de manifestantes. EFE/ELISEO TRIGO

Milleiros de mariñaos, traballadores de Alcoa San Cibrao, familiares dos obreiros e tamén veciños da bisbarra participaron nun acto de protesta na mañá deste domingo en Ribadeo contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado pola multinacional, que afectaría segundo a empresa a 534 postos de traballo na fábrica de aluminio. Os traballadores cortaron a Autovía do Cantábrico (A-8) a Ponte dos Santos, que conecta Galicia e Asturias.

Podes ler toda a información no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here