InicioEconomíaAs pensións soben un 2,6% en Lugo, pero seguen sendo das máis...

As pensións soben un 2,6% en Lugo, pero seguen sendo das máis baixas do Estado

En Galicia, as pensións medias sitúanse nos 856,96 euros fronte aos 1.008 do conxunto do Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pensión media en Galicia incrementouse un 2,5 por cento en marzo deste ano respecto ao mesmo mes de 2019 e situouse nos 856,96 euros fronte aos 1.008 do conxunto do Estado, segundo datos do Ministerio do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

A provincia de Lugo, canda Ourense, presentou a maior suba na comunidade, cun 2,6% máis, seguidas pola Coruña, cun 2,4 por cento, e Pontevedra, onde se elevaron un 2,3 por cento.

Ademais, as pensións medias máis elevadas rexistráronse na Coruña e Pontevedra, onde ascenderon a 901,70 e 897,74 euros, respectivamente. Mentres, en Lugo situáronse ao redor dos 763,24 euros e en Ourense alcanzaron os 741,44 euros.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...