Empresas lucenses presentan 104 solicitudes de ERTE que afectarían a 505 traballadores

A nivel galego, 630 empresas pretenden aplicar este procedemento, que permite a suspensión temporal dos contratos.

Oficina de emprego | Arquivo EP

Na provincia de Lugo presentáronse ata este mércores un total de 104 expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes), que afectarán a un total de 505 traballadores, segundo confirmou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A nivel da comunidade autónoma, 630 empresas -con 5.187 obreiros afectados- presentaron ata hoxe unha solicitude para realizar este procedemento que permite suspender de forma temporal contratos aos traballadores ou reducir a xornada laboral.

pasado luns, a Xunta de Galicia contabilizaba 184 solicitudes, o que dá unha idea da incidencia económica do coronavirus e tamén do incremento deste tipo de medidas despois da normativa aprobada polo Goberno central para axilizar os Ertes.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here