InicioEconomíaCinco iniciativas de Lugo, entre as mellores de toda Galicia nun programa...

Cinco iniciativas de Lugo, entre as mellores de toda Galicia nun programa de aceleración empresarial

As empresas 'Anduriña 25', 'NavNaval', 'Itechterm', 'Mami me mima' e 'Tappear' foron seleccionadas para pasar á fase de aceleración no programa ViaGalicia. Contarán con asesoramento e financiamento durante seis meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A aceleradora de empresas de Xunta e Zona Franca de Vigo, ViaGalicia, seleccionou este mércores as 11 mellores ideas da súa sexta convocatoria, seis da área de Vigo e outras cinco de Lugo. Todas elas pasarán agora á fase de Aceleración.

Segundo comunicou Zona Franca, estas iniciativas foron escollidas pola súa “capacidade para achegar valor engadido ao tecido empresarial galego” e pola “solidez e equilibrio do equipo para cubrir as necesidades do proxecto no seu estado actual, abordar novos retos, onsolidarse no mercado e atraer novos investimentos”. No caso de Lugo, trátase das empresas ‘Anduriña 25’, ‘NavNaval’, ‘Itechterm’, ‘Mami me mima’ e ‘Tappear’.

Así, por sectores, tres delas pertencen ao ámbito tecnolóxico. Anduriña 25 é unha startup que está a desenvolver unha aeronave híbrida con capacidade de despegamento vertical e gran autonomía. NavNaval, pola súa parte, ofrecerá un servizo de comunicación e certificación no ámbito marítimo mediante unha plataforma de servizos de inspección con drons, trazababilidad e intelixencia artificial. Pola súa parte, Alice Biometrics desenvolveu unha aplicación para a verificación de identidade en liña segura.

No eido da restauración foron outras tres as propostas seleccionadas: Tappear, unha aplicación específica para bares de tapas; Versos de A Ruda, de sobremesas galegas caseiras en tarros de cristal; e Sangría Republic.

Por outra banda, no sector da saúde destacaron dúas ideas. Unha delas é Envita, unha plataforma en liña que permite recompilar a historia da vida, fotos e desexos de persoas maiores. A outra é Mami me mima, dedicada aos accesorios de puericultura.

Do mesmo xeito, tamén foron escollidas iniciativas relacionadas co mundo das mascotas, como a de Frankie the King (de envío a domicilio de comida cociñada para cans) ou do eido da moda, como The Painter’s Wife. Así mesmo, súmase a elas ItechTerm, especialistas en monitorización de gando para controlar a súa saúde e benestar.

FINANCIAMENTO

Todas estas ideas pasarán agora á fase de Aceleración, na que durante seis meses estarán no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle, contarán co apoio dun equipo de titores e mentores, e recibirán o financiamento que necesiten nesta etapa (ata un máximo de 125.000 euros).

O proceso culminará entre xuño e xullo, cando está prevista a celebración do ‘Investors Day’, unha xornada na que os responsables de cada proxecto terán que defendelo ante empresas, colaboradores e fondos de investimento externos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...