Lara Méndez, nova vicepresidenta do Eixo Atlántico

Esta xuntanza serviu para marcar o obxectivo para este 2020: a captación de talento e investimentos para fixar poboación.

Representantes na Asemblea do Eixo Atlántico | Remitida

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi elixida nova vicepresidenta do Eixo Atlántico. Así se decidiu na Asemblea Xeral celebrada en Matosinhos (Portugal), xuntanza na que se fixou un obxectivo claro para este 2020: a captación de talento e de investimentos para fixar poboación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A XXVIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico reuniu a alcaldes dos 35 municipios galegos e portugueses que a integran. Á parte de abordarse cuestións como a cohesión social ou o despoboamento, tamén se renovaron os órganos de goberno. Ademais da incorporación de Lara Méndez, foi proclamado presidente o alcalde de Braga, Ricardo Rio.

Pola súa parte, o rexedor do Barco, Alfredo García, exercerá de presidente da Mesa da Asamblea; e a alcaldesa de Matosinhos, Luisa Salgueiro, será a vicepresidenta dese órgano.

No evento aprobouse un orzamento de 3,9 millóns de euros para o presente exercicio do que o 80% estará dedicado ás actividades e proxectos que desenvolve o Eixo Atlántico. Tamén foi ratificada a incorporación das cidades de Póvoa de Varzim e Culleredo. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here