InicioEconomíaLugo disporá a vindeira semana dos 100 millóns correspondentes aos orzamentos do...

Lugo disporá a vindeira semana dos 100 millóns correspondentes aos orzamentos do 2020

As contas sairán no BOP este 10 de xaneiro, polo que "por primeira vez en cinco exercicios, o prazo de execución será integramente o do ano", destacou a alcaldesa, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo disporá dos novos orzamentos o vindeiro luns 13 de xaneiro, segundo confirmaron dende o goberno local. Correspóndense con 100.061.680’84 euros aprobados o pasado novembro e que supoñen un aumento dun 5% respecto do exercicio anterior.

As contas do 2020 sairán publicadas este venres 10 no Boletín Oficial da Provincia, polo que entran en vigor o seguinte día hábil. Así pois, “o prazo de execución que terán estes orzamentos será integramente o do ano, por primeira vez nos últimos exercicios“, indicou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Asegura que iso beneficiará o investimento na cidade e as intervencións que xa tiñan programadas.

Os 100 millóns de euros “servirán para acometer proxectos importantes e obras comprometidas en anos anteriores e moi agardadas pola cidadanía”, dixo. Referiuse, por exemplo, á substitucións das canalizacións máis antigas, á construción dunha pasarela sobre a N-VI ou á recuperación e posta en valor do barrio do Carme.

OS ORZAMENTOS EN DETALLE

A rexedora lembrou que as contas de 2020 contemplan un total de 11 millóns de euros de investimentos reais, aos que hai que engadir os dez millóns e medio que se incorporaron en outubro procedentes dos remanentes de crédito e que, entre outras, terán como finalidade a peonalización de Quiroga Ballesteros, o repintado da sinalización viaria ou a construción do saneamento en puntos do rural.

“Estes presupostos permitirán, asemade, destinar 28 millóns a Políticas Sociais e oito a Emprego” para potenciar o emprendemento. Deles, prevese que 700.000€ se destinen especificamente a un programa dirixido a persoas en risco de exclusión. Así mesmo,  3’3 millóns irán orientados ao fomento do e da saúde, e 1’1 millóns para a substitución de canalizacións de fibrocemento na capital.

Por último, Lara Méndez  destacou o feito de que o período de alegacións rematou sen que se recibira ningunha. Non foi presentada ningunha reclamación nin por parte de colectivos ou particulares, nin tampouco pola dos grupos da oposición, a pesar de que non apoiaran estas contas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...