InicioEconomíaA Mariña protestará no centro de Lugo o 14 de decembro polo...

A Mariña protestará no centro de Lugo o 14 de decembro polo peche de Alcoa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas 5.000 persoas, segundo os sindicatos, concentráronse este mércores na Praza do Conde Fontao de Foz para reclamar ao Goberno central un abaratamento do prezo da electricidade que facilite a continuidade da planta de aluminio de Alcoa, que a multinacional ve “inviable” sen unha rebaixa da tarifa eléctrica. Os traballadores anunciaron que o vindeiro 14 de decembro, ás 12.00 horas, protestarán pola situación da fábrica ante a Subdelegación do Executivo, en Lugo.

“Temos que ir a petar á porta de quen ten a solución”, expuxo o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, que desexou que a concentración na capital da provincia “que ten que ser un éxito non só pola fábrica, senón por toda A Mariña”.

O sindicalista agradeceu á bisbarra “o alarde de loita que está a facer” e tamén a presenza de obreiros da Coruña e Avilésplantas que Alcoa vendeu ao fondo suízo Parter, onde as electrolises están paradas. A situación destas dúas fábricas supón un aviso para os traballadores de San Cibrao, que insistiron ao longo dos meses que Cervo “vese no espello” das factorías coruñesa e avilesina.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...