InicioEconomíaAprobados os orzamentos do Concello de Lugo, que aumentan un 5% e...

Aprobados os orzamentos do Concello de Lugo, que aumentan un 5% e superan os 100 millóns de euros

As contas saíron adiante cos votos a favor dos oito edís socialistas e os cinco nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Lugo deu luz verde este xoves aos orzamentos municipais para o próximo exercicio 2020, que ascenderán a 100.061.680 euros.

As contas saíron adiante cos votos a favor dos oito edís socialistas e os cinco nacionalistas. Pola súa banda, os dez concelleiros do PP opuxéronse e a portavoz de Ciudadanos, Olga Louzao, xustificou a abstención do seu grupo como un “voto de confianza”.

En concreto, estes máis de cen millóns de orzamento supoñen un 5% de incremento con respecto ás contas do pasado ano, polo que o bipartito puxo en valor a “solvencia e liquidez” tendo en conta que o concello de Lugo conta con “débeda cero desde 2017”.

Para emprego destínanse máis de 8 millóns de euros, dos que 700.000 euros irán a un programa específico para persoas en risco de exclusión social na cidade. Ademais, para mellorar o saneamento consígnase máis de 1,1 millón de euros.

A partida que experimenta un maior crecemento é a dedicada a políticas sociais, sobre 28 millóns de euros, que supón un 18% de incremento con respecto aos últimos orzamentos.

O Partido Popular censurou que estas contas son “ficticias” e que o único que busca o goberno de socialistas e nacionalistas cos orzamentos é “vender fume”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, que non interveu no pleno, si destacou antes da sesión que se trata duns orzamentos “axustados” ás necesidades da cidade.

Tamén antes do pleno a alcaldesa, a socialista Lara Méndez, puxo en valor “as peonalizacións” que se contemplan como a de Quiroga Ballesteros así como “o plan de fibrocemento” para “atender os problemas do día a día dos veciños”. “É un encordio cando un sofre un corte de auga, porque temos esas infraestruturas obsoletas e tamén será bo para o medio ambiente”, resolveu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...