InicioEconomíaA Xunta pedirá ao Concello de Lugo a cesión de varios inmobles...

A Xunta pedirá ao Concello de Lugo a cesión de varios inmobles para dinamizar o barrio da Tinería

O Consistorio mostra a súa disposición a colaborar e avoga por construír vivendas municipais de aluguer e "evitar a especulación" na zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que técnicos da consellería e do Concello de Lugo manterán unha reunión esta semana para abordar a posibilidade de que a Administración local ceda á autonómica varios inmobles emprazados nas próximidades do Pazo de Dona Urraca co obxectivo de dinamizar o barrio da Tinería.

“Queremos que se abra o Pazo á cidade e ás visitas, por iso estamos a tentar conveniar para que por parte do Concello se cedan os inmobles ao seu ao redor e facer a modificación pertinente do PEPRI (Plan Especial de Protección do Interior Amurallado)“, explicou a conselleira este luns.

A titular de Vivenda asegurou que “está encargado o proxecto”, polo que o obxectivo é avanzar “o máximo posible”. “O 2020 será un gran ano, pero o ano 2021 é o mellor ano porque se trata do Xacobeo”, remarcou.

A conselleira de Medio Ambiente visitou este luns a zona da Tinería tras as “obras finalizadas” en tres vivendas do barrio, no Recanto do Miño, que son de Promoción Pública “despois” da súa adquisición “a través do programa Rexurbe”.

Na visita, destacou que, ademais destas vivendas, a Xunta está a piques de concluír outras dúas, que espera que estean rematadas no primeiro trimestre de 2020.

Ante iso, asegurou que son un total “de 36 os edificios restaurados na Tinería, cun investimento de 26,3 millóns de euros”. “E seguimos avanzando porque nos orzamentos de 2020 son 780.000 euros os que temos orzados para continuar nesta liña”, avanzou.

CONSERVAR

Vázquez puntualizou que “non só se trata de rehabilitar para obter vivenda de promoción pública, a través do aluguer, senón que tamén se busca a conservación do patrimonio. No entanto, admitiu que “faltan edificios por restaurar”, para o que a Xunta traballa na adquisición de novos inmobles.

Así, entre outros asuntos, referiuse á Casa da Torre situada nesta zona para explicar que está en fase de redacción do proxecto, polo que a Administración autonómica espera que se poida proceder á licitación das obras no primeiro trimestre de 2020.

CONCELLO

Pola súa banda, o edil de Urbanismo Sostible de Lugo, Miguel Couto, mostrou a “man tendida” do Concello para cooperar na rehabilitación de inmobles do centro histórico coa Xunta.

O concelleiro explicou que, desde hai meses, o Consistorio mantén contactos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para colaborar no proxecto de recuperación do Pazo de Dona Urraca.

Respecto diso, lembrou que, aínda que o Concello “non é titular de ningún inmoble na zona na que se actuará”, o obxectivo é facerse coa propiedade de tres vivendas e algúns espazos próximos ao prazo para pór a disposición da Xunta de forma que se desenvolva na área unha “actuación integral”.

“O Concello espera que este investimento co que colaboraremos teña como retorno vivendas para dedicar ao aluguer e evitar así accións especulativas”, apuntou.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...