InicioEconomíaEs unha persoa con discapacidade e buscas emprego?

Es unha persoa con discapacidade e buscas emprego?

O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Baixo o lema “Unha dobre oportunidade” o Espazo Lab – Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo, acollerá este xoves, a primeira Xornada Speed Networking de Lugo. O obxectivo é reunir a persoas traballadoras e desempregadas con diversidade funcional e a empresas de diferentes sectores que desenvolven a súa actividade en Lugo para poder establecer redes de contactos, facer visibles os seus perfís profesionais así como facilitar a súa inserción laboral.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo, Mauricio Repettoe a directora rexional de Inserta Empleo en Galicia, Menchu Iglesias, foron os encargados de presentar unhas xorandas que terán lugar no CEI – Nodus. “Trátase dun compromiso para que a integración social se leve a cabo sen barreiras de ningún tipo e poñendo a disposición os medios e recursos municipais no eixo do emprendemento para que as persoas con discapacidade sexan actores fundamentais na estratexia de desenvolvemento de Lugo”, dixo o edil.

Mauricio Repetto explicou tamén que a actividade comezará coa intervención da judoka integrante do equipo de Trainers Paralímpicos da Fundación ONCE, Marta Arce e posteriormente se celebrará un período de networking, de aproximadamente unha hora, no cal os participantes terán ocasión de interactuar entre  para intercambiar perfís e ampliar información acerca das súas competencias.

Pola súa banda, Menchu Iglesias, reseñou a importancia da colaboración institucional para propiciar a creación destas xornadas, ás que xa se apuntaron máis de medio cento de participantes e que servirán como marco idóneo para xerar oportunidades de emprego.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...