InicioEconomíaO colectivo que agrupa os negocios do centro de Lugo supera xa...

O colectivo que agrupa os negocios do centro de Lugo supera xa o centenar de asociados

En menos de dous anos duplicou o seu número de socios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Lugo Monumental, que agrupa os negocios do centro histórico da cidade, rompeu o que ata agora era o seu propio teito de asociados e, despois da incorporación dos comerciantes do Mercado de Quiroga Ballesteros, supera xa o centenar de firmas asociadas.

O presidente deste colectivo, Luis Latorre, destacaba a representatividade de Lugo Monumental, dado que coa incorporación desa decena de comerciantes, supera o centenar de asociados, “co que tendo en conta que o seu ámbito de actuación é o espazo amurallado -dentro da Muralla romana-, podemos dicir que ten unha máis que notable implantación”.

Coas novas incorporacións, o número de socios é de 102, precisou Latorre, quen tamén quixo matizar que se trata dunha “listaxe plenamente actualizada”, de modo que todos os negocios adscritos están nestes momentos desenvolvendo a súa actividade.

Para pertencer a Lugo Monumental, os socios só teñen que pagar unha cota de 50 euros ao ano, fondos que son destinados ao sostemento da propia entidade -que non conta con oficinas nin persoal propio- e á realización de actividades de dinamización do centro histórico.

“Esta fórmula está a funcionar e permitiu que en menos de dous anos case se duplicou o número de socios”, precisa Latorre. EFE

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...