InicioEconomíaO PP denuncia un "ataque directo" do Goberno central á estrutura industrial...

O PP denuncia un “ataque directo” do Goberno central á estrutura industrial de Lugo

Lamentan a "grave situación" que atravesan empresas tan importantes para a provincia como Endesa e Alcoa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular denunciou en Vilalba o “ataque directo” do Goberno central á estrutura industrial da provincia e asegurou que as “ameazas de peche” que pesan sobre Alcoa e Endesa están motivadas pola “inacción” do Executivo.

Así o asegurou durante un encontro mantido este martes con empresarios celebrado en localidade lucense e no que participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a presidenta provincial, Elena Candia; e os candidatos ao Congreso e Senado, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, ademais doutros cargos orgánicos do PP como José Manuel Balseiro e o portavoz local, Agustín Baamonde.

Na súa intervención, José Manuel Barreiro e Elena Candia lamentaron que, na situación económica e a política actual, palabras como “incerteza estean permanentemente asociadas á industria e ao emprego”. Ademais, lamentaron a “grave situación” que atravesan empresas tan importantes para Lugo e esta comarca, como son Endesa e Alcoa San Cibrao.

Os populares trasladaron aos asistentes que as ameazas de peche están motivadas pola “inacción” do Goberno, algo que aseguran “non entender”, sobre todo, “cando hoxe o propio presidente de Alcoa manifesta nun medio de comunicación que o alumnio é un produto de futuro” ou que é “responsabilidade” do Goberno central axustar o prezo do quilowatt.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...