A Xunta financiou 140 proxectos de mellora de eficiencia enerxética este ano en Lugo

Balseiro enmarcou estas actuacións nas "liñas estratéxicas" do Executivo autonómico para avanzar cara a unha Galicia "máis verde".

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, en rolda de prensa.

O Goberno galego financiou uns 140 proxectos de aforro e mellora de eficiencia enerxética no que vai de ano, cun investimento de case dous millóns de euros.

Así o trasladou en rolda de prensa o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, que en enmarcou estas actuacións nas “liñas estratéxicas” do Executivo autonómico para avanzar cara a unha Galicia “máis verde”.

Trátase, segundo engadiu, dunha “aposta decidida por promover, por apoiar e por incentivar” distintas iniciativas de aforro e eficiencia enerxética.

“Os esforzos que fan as nosas industrias e as nosas empresas e autónomos e administracións públicas realizan, impulsando proxectos ou actuacións que reduzan o consumo eléctrico ou fagan que este sexa máis eficiente e respectuoso co medio ambiente“, engadiu.

Balseiro destacou, ademais, que este investimento de 1,9 millóns de euros da Xunta “chegaron a 140 proxectos promovidos por empresas, autónomos, administracións públicas ou entidades” que supoñen investimentos de máis de 3,8 millóns de euros.

“O importe medio das subvencións aprobadas pola Xunta na provincia de Lugo chega ao 49 por cento do investimento realizado e isto é case a metade do orzamento mobilizado”, pormenorizou.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here