Lugo, potencia madeireira

As empresas lucenses do sector representan case o 50% do total de toda Galicia.

Operarios trafegando madeira | ENCE
Operarios trafegando madeira | ENCE

Na actualidade, 276 empresas forman parte do colectivo madeireiro en Galicia. E deste conxunto, o 48% das empresas do sector están en Lugo.

Así o sinalou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, José Luís Chan, puxo en valor os case oito millóns de metros cúbicos de madeira solicitada este ano para aproveitamento en Galicia, a través de máis de 80.000 peticións de corta. Na xuntanza tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Sobre este total, Chan sinalou que Lugo é unha das provincias máis activas neste sentido. De feito, no que vai de ano concentrou algo máis do 38% do volume de cortas solicitado a través dunhas 22.000 declaracións responsables ou solicitudes de corta (as dúas modalidades que existen de cara aos aproveitamentos madeireiros).

Por distritos, o máis activo da provincia de Lugo en volume de madeira foi o da Mariña, que concentrou no que vai de ano o 13,6% do volume de cortas demadeira solicitadas en Galicia. A bisbarra supón o distrito máis activo da provincia de Lugo, cun millón de metros cúbicos de pau solicitado para a corta, a través dun total de 6.604 expedientes.

Nesta mesma provincia séguenlle os distritos de Lugo Sarria, con 848.290 metros cúbicos e 5.721 solicitudes, e o da Terra Chá, con outros 684.232 metros cúbicos de 5.597 trámites. No distrito da Fonsagrada Os Ancares lévanse tramitado 1.563 permisos para cortar un volume de 264.719 metros cúbicos. E, por último, en Terra de Lemos, foron 2.862 solicitudes para 186.592 metros cúbicos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here