Vilalba, centro do mundo de autocaravanistas de toda Galicia

Haberá unha concentración de autocaravanas que comeza este venres.

Conxunto de autocaravana / autocaravana.es

A Asociación Galega de Autocaravanas, que conta cun milleiro de socios, celebrará este fin de semana a súa asemblea xeral no municipio lucense de Vilalba, onde tamén terá lugar unha concentración de autocaravanistas que se prolongará durante os días 25, 26 e 27, segundo informou esta organización.

“Grazas á total predisposición do Concello, coa súa alcaldesa Elba Veleiro á fronte, organizáronse diversas actividades para que todos os visitantes poidan coñecer a súa riqueza turística e paisaxística, e por suposto consumir no comercio local“, afirma a asociación nun comunicado.

O venres haberá un concerto no Auditorio Municipal por parte do grupo local Berta Frankin e “o sábado aproveitarase a mañá para visitar o centro histórico da vila”. Ademais, quen queira poderá visitar “O Muíño de Isabel”, “un exemplo de desenvolvemento rural en forma de aproveitamento e explotación dun antigo muíño de auga do século XVIII, situado no veciño municipio de Cospeito”.

O sábado pola tarde haberá unha comida de confraternidade e a xornada pecharase co espectáculo “La Porteña Tango”, no Auditorio Municipal. A asemblea xeral celebrarase o domingo pola mañá e nela a directiva dará conta das xestións levadas a cabo durante os últimos meses, ante a Xunta de Galicia e a FEGAMP.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here