InicioEconomíaUnha empresa de Lugo desenvolve un método "único no mundo" para detectar...

Unha empresa de Lugo desenvolve un método “único no mundo” para detectar fraudes na roupa de algodón orgánico

AMSLab é unha empresa de capital 100% galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os equipos de investigación do departamento de I+D da empresa lucense AMSLab, con sede no polígono industrial do Ceao, desenvolveron “un innovador método de análise, único no mundo”, para verificar “a presenza ou ausencia de algodón modificado xeneticamente en pezas etiquetadas” como fabricadas con “algodón” cento por cento “orgánico”.

Esta empresa, de capital 100% galego e que forma parte da Agrupación industrial Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, informou de que este novo sistema de análise xa está no mercado e comercialízase a través das canles habituais para este tipo de produtos.

Aclara, así mesmo, que este novo método permite realizar “dous test en peza final”, tanto para detectar “a modificación xenética do algodón” empregado na súa confección, como a presenza de “pesticidas” nos tecidos.

En canto aos clientes deste tipo de test, AMSlab aclara que son “empresas que compran a materia prima certificada para a súa manufactura”, pero tamén “ retailers que adquiren a peza final lista para a súa etiquetaxe”.

Ata o de agora, engade, “o control de algodón orgánico facíase e faise de forma documental a través de entidades que certifican” que a produción da materia prima adáptase “aos seus estándares”.

“O novo test de AMSlab, que agora irrompe no mercado téxtil é unha ferramenta complementaria fundamental para a detección de fraudes e posibles contaminacións na fabricación de produtos etiquetados como orgánicos”, precisa a compañía.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...