O seme de rubia galega triunfa no Brasil

Mandan 130.000 doses de esperma para mellorar xenéticamente a cabana gandeira do país sudamericano.

Boi de rubia galega / vacunodeleite.es

A asociación de criadores de vacún galego Acruga, con gran maioría de gandeiros de Lugo, alcanzou un acordo para exportar 130.000 dose de seme á distribuidora brasileira GMG para cruzamento coa raza autóctona nelore, segundo informou este venres nun comunicado.

Acruga indica que o contrato confirma o mantemento dunha “relación frutífera con Brasil” co que iniciou relacións comerciais no ano 2000. Os produtores brasileiros esperan vender carne de vacún mestura de nelore con rubia galega a empresas chinesas, o que para Acruga pode supor “todo un avance” en “a súa conquista de novos mercados de consumo”.

O director comercial de GMG, Eduardo G. Grandal, indica que incrementou nun 10 % a compra de doses seminais a Acruga para cubrir as necesidades dos 22 gandeiros que integran a firma Pan de Azucre, a principal cadea de distribución de carne de Brasil, que insemina unhas 130.000 vacas cada ano.

Actualmente, en Brasil véndense uns 13 millóns de quilos de carne ao ano de cruzamento de rubia galega e nelore, grazas á inseminación desde o ano 2000 dun millón de vacas, conclúe a nota.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here