InicioEconomíaA pensión media de Lugo é case 400 euros máis baixa que...

A pensión media de Lugo é case 400 euros máis baixa que a media de España

PUBLICADA O

- Advertisement -

A contía media de xubilación é de 957,76 euros en Galicia, lonxe dos 1.140,71 euros de España. Con todo, subiu un 4% en setembro. Unhas cifras que son moi superiores á pensión media dos lucenses, que segue sendo das máis baixas do Estado. Está 200 euros por baixo da media galega e case 400 por baixo da media española, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Con todo, segue estando a cola da pensión media do Estado.

O número total de pensións na Comunidade galega alcanzou as 766.086 pensións, que representan un 7,8% do total, cun incremento do 0,4% respecto de setembro de 2018. Deste xeito, Galicia mantense como a segunda comunidade coas pensións máis baixas de España, só por encima de Estremadura (827,09 euros). Está 150 euros por baixo da media española (993,11 euros).

Por provincias, a pensión media é de 887,22 euros na Coruña; 883,36 euros, en Pontevedra; 750,66 euros, en Lugo; e 729,78 euros, en Ourense. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...