Peche no Concello de Vilalba en defensa dos postos de traballa de Endesa

Lago artificial das Pontes de García Rodríguez. Á esquerda, a central térmica propiedade de Endesa
Lago artificial das Pontes de García Rodríguez. Á esquerda, a central térmica propiedade de Endesa

Con epicentro nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pero con actos tamén noutras localidades da zona, este luns inícianse varios actos para demandar a reactivación da central térmica que a empresa Endesa ten nesta localidade e que leva máis de catro meses paralizada, debido aos custos ambientais que suporía a súa posta en marcha, segundo a súa propietaria.

Así, este luns, a partir das 20.00 horas, celebrarase unha asemblea na praza situada nas inmediacións da capela da Carmen, na que se procederá á lectura dun manifesto en defensa dunha transición enerxética “gradual e menos prexudicial para os sectores afectados”.

Unha vez concluída, o colectivo de camioneiros encargados de realizar o transporte do carbón desde o porto exterior de Ferrol ao parque de carbóns de Saa dividirase en tres grupos e encerrásense nos concellos das Pontes, Ferrol e Vilalba, onde pasarán toda a noite. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here