InicioEconomíaLugo encabeza a caída de matriculación de turismos en agosto

Lugo encabeza a caída de matriculación de turismos en agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

As matriculacións de turismos e todoterreos esborralláronse en agosto en Galicia un 32,3% en agosto en comparación co mesmo mes do ano anterior, unha baixada lixeiramente superior ao ritmo de retroceso do mercado español (-30,8%),segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Por provincias, en Galicia a maior caída protagonízaa Lugo (-39,4%), seguida da Coruña (-34,2%). A que mellor resiste en agosto este ciclo decrecente é Ourense (-19,3%), mentres en Pontevedra a cifra negativa é do 31%.

Pola súa banda, as matriculacións de turismos e todoterreos en España durante o mes de agosto situáronse en 74.490 unidades, o que se traduce nun esborralle do 30,8% en comparación co mesmo mes do exercicio precedente. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...