InicioFeaturedOs VTC comezan a operar en Lugo con denuncias dos taxistas

Os VTC comezan a operar en Lugo con denuncias dos taxistas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os vehículos VTC xa están operando en Lugo, mentres que a Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi) denunciou incumprimentos por parte dalgunhas VTC sobre a recollida de pasaxeiros. Pide que estes servizos sexan requeridos con “tres horas de antelación”, tal e como apunta o presidente de Fegataxi, Manuel Sánchez Quindimil.

De acordo cos datos da Xunta, en Galicia hai un total de 3.638 taxis, dos que 1.484 corresponden á provincia da Coruña; outros 538 á de Lugo; 341 á de Ourense e o resto, 1.275, á de Pontevedra.

En canto ao número de autorizacións VTC concedidas, explica que 251 corresponden á provincia da Coruña; 52 á Pontevedra; outras 13 en Lugo e 20 en Ourense. Respecto das compañías titulares, nalgúns casos só contan cunha e noutras con 26. Con todo, a maioría, un total de 150, concéntranse nunha soa empresa, Ares Capital S.A. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...