InicioEconomíaUnha enxeñeira do campus de Lugo irá a Silicon Valley tras gañar...

Unha enxeñeira do campus de Lugo irá a Silicon Valley tras gañar un programa de emprendemento

A idea de negocio coa que Andreina Vargas Carrión conseguiu esta oportunidade é a dunha empresa tecnolóxica que poría en valor a madeira local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andreina Vargas Carrión, do campus de Lugo (USC), é unha das emprendedoras galegas que viaxarán a Silicon Valley como gañadora do programa ‘Explorer’. A  idea de negocio coa que conseguiu esta oportunidade é a dunha empresa tecnolóxica que pon en valor a madeira local. Ofrecería un servizo integral para asesorar e comercializar sistemas estruturais innovadores e respectuosos co medio ambiente.

Canda ela, viaxarán tamén outros dous galegos:  Iván García Queijo, da UDC, e Jose Rodríguez Gago, do campus compostelán da USC. Será en outubro cando se despracen ata California, xunto con outros 53 mozos e mozas do Estado, para mergullarse no ambiente de emprendemento e innovación. Realizarán visitas, por exemplo, ás instalacións de Google, Facebook ou Apple, entre outros.

Os seus proxectos foron seleccionados entre máis de 1.049 propostas chegadas de toda España. Para ler máis información, podes ir ao Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...